1 Star 0 Fork 0

TS_OHOS / Calendula

加入 Gitee
与超过 1200万 开发者一起发现、参与优秀开源项目,私有仓库也完全免费 :)
免费加入
克隆/下载
README.gl.md 9.21 KB
一键复制 编辑 原始数据 按行查看 历史
liuxin1202 提交于 2021-06-18 14:10 . 提交代码

Calendula

Calendula é un asistente en Android para a xestión de medicación persoal. Está dirixido a aqueles que teñen problemas en seguir o seu réxime de medicación, olvídanse de tomar as súas pílulas ou teñen horarios difíciles de recordar.

A aplicación está dispoñible para a súa descarga en Google Play, F-Droid e Github.

Get it on Google Play Get it on F-Droid Get it on Github

Visite a nosa páxina web para máis información https://citius.usc.es/calendula/

Novas de Calendula

Temos boas novas!

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) adoptou Calendula para conectarse co seu Sistema de Receita Electrónica. Isto levou a varias extensións da versión libre, incluíndo:

  • Descarga automática da pauta de medicación do paciente.
  • Acceso automático ao calendario de recollida de medicamentos.
  • Recomendación automática das mellores datas de recollida para optimizar as visitas á farmacia.
  • Acceso ao réxime de dose de anticoagulantes.

O proceso de integración centrouse en dous aspectos fundamentais: a interoperabilidade e a seguridade.

No que se refire a a interoperabilidade, a adopción do estándar internacional HL7-FHIR facilitará a integración de Calendula con outros sistemas de saúde.

En canto á seguridade, adoptouse a especificación OpenID Connect, que permite a Calendula verificar a identidade dos usuarios a partir dunha autenticación realizada polos servidores do SERGAS.

Ao longo deste proceso, traballamos en moitas melloras, incluíndo:

  • Aumentar o nivel de desenvolvemento da API de Android a 29.
  • Adaptar as notificacións e os servizos en segundo plano aos requirimentos das novas versións de Android.
  • Actualizar as versións de Gradle, Java e Kotlin.
  • Migrar as bibliotecas de Android a AndroidX
  • Actualizar as versións da bibliotecas: Google, Iconics, Material-Drawer, Fast Adaptador, ButterLnife, Caldroid e Android Jobs.
  • Melloras da interface de usuario para solucionar fallos de actualización e NPE.
  • Actualización de internacionalización: engade novos idiomas e actualiza os que actualmente son compatibles.
  • Melloras de rendemento no uso da memoria: migrar recursos gráficos tipo mapa de bits ao formato vectorial.
  • Notificacións e aforro de batería: engadiuse a opción de excluír a aplicación do sistema de aforro de batería para evitar que o sistema suspenda a aplicación e impida a entrega de notificacións ao usuario.
  • Corrección de erros menores.

Estes cambios estarán dispoñibles en breve neste repositorio e aplicaranse á versión de Google Play!

Comezando

Estas instrucións permitiranlle obter unha copia do proxecto listo para usar na súa máquina local. Se quere contribuír ó desenvolvemento da aplicación, por favor diríxase á sección Contribuír.

Preparación do contorno de desenvolvemento

Para o desenvolvemento da aplicación, empregamos Android Studio (o IDE oficial de Android), así que lle recomendamos que o empregue no seu contorno de desenvolvemento. Unha vez instalado Android Studio, pode empregar o Android SDK Manager para obter as ferramentas, plataformas e outras compoñentes que necesitará para comezar o desenvolvemento. As máis importantes son:

  • Android SDK Tools e Android SDK Platform-tools (soe ser boa idea actualizar á última versión).
  • Android SDK Build-Tools 27.0.3.
  • Android 8.1 (API Level 27) SDK Platform.
  • Android Support Repository

Tamén pode instalar outros paquetes como emuladores para executar a aplicación, se non dispón ou non quere empregar un dispositivo hardware. A mínima versión de Android soportada é 4.1, Jelly Bean (API level 16).

Compilando e instalando a aplicación

Antes de comezar necesita o código fonte, así que proceda a clonar este repositorio na súa máquina local:

git clone https://github.com/citiususc/calendula.git
cd calendula

Android Studio emprega Gradle como a compoñente principal do mecanismo de compilación, pero non é necesario instalalo por separado. En vez diso, pode empregar o xa inclúido Gradle Wrapper. Para compilar a aplicación, abra unha terminal na carpeta do repositorio e execute:

./gradlew clean assembleDevelopDebug

Nota: "developDebug" é a build variant que empregamos para desenvolvmento. Para outras variantes, por favor revise o arquivo Calendula/build.gradle.

Despois, poderá instalar a aplicación nun dispositivo ou emulador:

adb install Calendula/build/apk/develop/debug/developDebug-[version].apk

Estas tarefas tamén se poden executar dende Android Studio con algúns clicks.

Versións da aplicación

Neste momento mantemos lanzamentos de Calendula en Google Play, F-Droid y Github.

  • A última versión da app dispoñible nesas páxinas reflexa o código da rama master.
  • As ramas de lanzamento distribúense normalmente a través do Google Play BETA channel antes de facelas públicas. Se quere ser membro da comunidade de probas, únase ó grupo de probas en Google Groups e automáticamente recibirá as actualizacións da canle BETA como cualquera outra actualización de Google Play.

Unirse á canle BETA: faga click aquí!

Revise as normas de contribución para máis información acerca do modelo de ramas.

Qué pinta ten?

Intentamos seguir os principios de Material Design. Que pensa do resultado?

Traballo futuro

Temos moitas ideas para novos desenvolvementos e tamén estamos abertos a outras novas. As seguintes novas características poderían ser útiles:

  • Información de farmacias cercanas, a súa localización e horarios.
  • Asistente de viaxe: cántas pílulas necesito para este fin de semana?)
  • Introducir conceptos de ludificación para mellorar a adhesión ó tratamento.

Atribución do deseño

Neste momento estamos a empregar os seguintes recursos:

Contribuír

Pode facer un fork e enviar un pull request se quere contribuir ó proxecto. Calendula segue os termos da licenza da GNU General Public License (v3), así que ó subir contidos ó repositorio estará liberando o seu traballo segundo esta licenza.

Antes de comezar, revise as nosas normas de contribución.

Quero contribuir, pero non son desenvolvedor...

Se non é un desenvolvedor pero quere axudar, non se preocupe! Pode axudarnos a traducir a aplicación, uníndose á canle BETA, e moito máis. Todo o mundo é benvido!

Licenza

Copyright 2020 CITIUS - USC

This program is free software: you can redistribute it and/or modify it under the terms of the GNU General Public License as published by the Free Software Foundation, either version 3 of the License, or (at your option) any later version.

This program is distributed in the hope that it will be useful, but WITHOUT ANY WARRANTY; without even the implied warranty of MERCHANTABILITY or FITNESS FOR A PARTICULAR PURPOSE. See the GNU General Public License for more details.

1
https://gitee.com/ts_ohos/calendula.git
git@gitee.com:ts_ohos/calendula.git
ts_ohos
calendula
Calendula
master

搜索帮助